Jueves | Noviembre 30, 2006

NOVIDADES ANTES DE NAVIDADES!!!

 

vaiamos por partes, como dixo jack el destripador, jejeje

 

  1. Está en marcha a creación dunha lista de contactos por medio do hotmail. Si queres estar fichad@ e que contemos contigo para as actividades culturais, manda un mail e listo. 

  2. Ocorréuseme que para publicitar o blog estaría ben que o fixesemos entre todos. A idea é que como non dispomos de cartiños pa poñernos agora a facer fotocopias de carteles e iso, podemos chamar a atención elaborando cada un uns cuantos post-it (20 sería genial) coa dirección, intentando que sexa chamativo, e que se entenda o que é. Exemplo:

  3. Imos ver se podemos establecernos como parte de delegación de alumnos, para dispoñer de recursos: desde fotocopias ata un lugar onde reunirnos e traballar. Aínda temos que contactar co vicedecano de alumnos para ver se hai algún problema, pero de entrada delegación está de acordo e ofrécese a axudarnos en aquelo que esté nas súas mans. Un saudiño a pedro!!!moitas gracias 

  4. E por último, darvos as gracias a tod@s por colaborar na consecución desta odisea que vai ser movilizar á xente da facultade. bkños, que teñades bo finde!!!

  5. PD: para @s que non o coñezan (temos un aula na facultade, moi interesante)

http://www.cmg.xunta.es/

 

 

Posted by nós at 21:07:51 | Permanent Link | Comments (1) |

Miércoles | Noviembre 29, 2006

CONCLUSIÓNS 1ª REUNIÓN CULTURA CSC

  • A primeira conclusión á que chegamos é que xa somos uns pouquiños (máis de 16) os que estamos interesados en realizar actividades culturais na nosa facultade.

  • Pertencemos ás carreiras de Publicidade e RRPP e a Comunicación Audiovisual.

  • A partir de agora, as futuras reunións e demáis comunicados de interese para a comunidade culturaCSC anunciaranse por medio deste blog ou por mail.

  • Os que esteades interesados en sumaros a organizar actividades, podedes mandar un mail co voso nome, curso, titulación, intereses personais(se queredes organizar algo en concreto, ou vos gusta a fotografía, ou o cine...) a culturacsc@hotmail.com , onde vos adxuntaremos como contactos-socios da comunidade culturaCSC.

  • De momento hai unhas cuantas ideas, que son:

    1. Xornadas de Proxeccións

    2. Jam session: facer en vez dun concerto, un ensaio con instrumentos e músicos da facultade, con público e moita improvisación.

    3. Creación dunha revista.

    4. Charlas de estudantes que estiveron de Erasmus ou Erasmus que viñeron a Galicia.

    5. Punto de Expresión Positiva.

    6. Deportes de Risco: concurso de triples de papelera e bolas de papel.

    7. Sección de fotografía: exposicións, charlas, concursos...

NOTA INFORMATIVA: O QUE SE ESCRIBA NESTE POST NON VAI A MISA, PRETENDE SER UNHA APROXIMACIÓN DO QUE SE PODE FACER E ESTAMOS ABERTOS A CRITICAS E NOVAS APORTACIÓNS.

 

Nos próximos días, máis información!!!!

 

Posted by nós at 16:01:04 | Permanent Link | Comments (4) |

Domingo | Noviembre 19, 2006

!!QUE COMECE A FESTA!!!!

!!QUE COMECE A FESTA!!!!

Benvid@s!!!! este espacio creouse para que deixedes os vosos comentarios, queixas, e demáis florituras. Se gustades, está á vosa disposición o e-mail: culturacsc@hotmail.com . En breve informaremos máis a fondo do que se está a cocer. graciñas!! 

 

 

 

Posted by nós at 22:05:22 | Permanent Link | Comments (0) |